Friday 03 de May de 2024

O Concello de Frades celebrará mañá sábado o Día do Deporte no polideportivo de Ponte Carreira


O Concello de Frades celebrará o Día do Deporte mañá sábado 11 de xuño, de 16:00 a 20:00 horas, no polideportivo de Ponte Carreira. Un acto que comezará ás 16:00 horas cuns xogos tradicionais para todas as idades, que ás 18:00 horas darán paso á clausura das escolas deportivas municipais.

Ao acto están convidados todos os veciños e veciñas de Frades, que poderán asistir a demostracións de fútbol sala (18:00 horas), pilates (18:30 horas), zumba (19:00 horas) e patinaxe (19:30 horas). Todos os rapaces e rapazas que participen no Día do Deporte recibirán un diploma de mans do alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez. Ao remate das exhibicións haberá unha merenda para todos os participantes.